Levadas

A levada de Casqueiros, o consumo responsable da auga

A levada de Casqueiros é un sistema de rego tradicional que facilitará o consumo resposable da auga mediante o sistema de rego tradicional e o fomento dun aproveitamento e consumo responsable da auga mediante o reparto das horas de uso entre os regantes.

Asemade, a recuperación destes espazos mediante actuacións encamiñadas a conquerir novos usos compatibles co uso tradicional é unha aposta pola conservación e promoción daqueles valores que definen a nosa cultura e forma de vida no rural galego.


As actuación proxectadas servirán como ferramenta para dinamizar a actividade turística do territorio, mediante unha oferta de ocio respectuosa co medio ambiente e vinculada á conservación do patrimonio natural e cultural.


As actuacións concretas son: a mellora e acodicionamento da levada, co obxecto de manter o seu uso tradicional; conducir aos visitantes, co fin de impedir danos no medio natural mediante o deseño, adecuación e sinalización de un itinerario auto guiado pola propia levada; actuacións de conservación de masa de carballeiras centenarias existentes no entorno; creación dun entorno con contidos didácticos sobre as levadas e os valores ecolóxicos e etnográficos da zona; a difusión do espazo con actuacións de divulgación e o aumento do aspecto recreativo, mediante a creación de pequenas áreas de descanso e pasarelas, recuperación dunha fonte existente e creación de outra e acondicionamento dunha poza.

 

Zona da ruta

Senda Levada de Casqueiros