LugaresIr a esta sección

A Parroquia de Borbén

A parroquia de Borbén, encadrada nun fermoso val, está situada ao sur do Concello de Pazos de Borbén, limitando polo Leste con Xunqueiras e Mondariz, polo sur con Ponteareas, polo norte con Amoedo e Pazos e polo oeste con Cepeda e Nespereira.

As súas entidades son Sequeiros, Pousiño, Cuartos de Borbén e Mosteiro. Con 11’8 quilómetros cadrados Borbén é a parroquia máis grande do concello e na actualidade ten censados 562 habitantes.

En Cuartos de Borbén os nosos barrios tradicionais son: o Eiteiro, Fondo de Vila, Puntapaciños, As Quintáns, O Lazarete e as Estivadiñas; en Pousiño: Asemonde e o Avarento; en Mosteiro: o Outeiro e As Lamas; e, en Sequeiros, A Chan do Sobreiro e Cotabarreira.

Montes da Comunidade